mércores, 28 de abril de 2010
De paseo polo colexio.
Cando hoxe saín do meu burato na Biblio para dar un paseíño matutino polo colexio, vin cousas que me gustaron moito.
Entrei primeiro na aula dos maiores e atopei os ordenadores cuns fondos de pantalla, postos polos rapaces, que amosan moi ben ata que punto andan metidos no tema de Miña casiña, meu lar.
Despois vin o vestíbulo do colexio cheo de casas de todo tempo e espazo, feitas de distintos materiais, planas e tridimensionais:
. Debuxos e pinturas de casas soñadas.
. Casiñas de papel e cartón.
. Iglús, un janoko, tipis, casas tradicionais de Xapón...
Aquí deixo algunhas imaxes.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Un saludo desde la Biblioteca del Conservatorio Profesional de Música de Lugo. Tenéis un pequeño presente en nuestro blog.
Meu ben querido Rato. Encantado estou de que os seus paseos sempre acaben en asombro, como nos pasou a todos os habitantes -diurnos e nocturnos- deste colexio.
Gustannos moito os fondos de pantallas dos ordenadores da clase de 5º e 6º, porque están moi cheos de vida e teñen moito que ver co tema de "Miña casiña, meu lar"
Publicar un comentario