martes, 6 de abril de 2010
Mateus lévanos a coñecer tres casas.
Amigas e amigos:
Seguro que en moitas casas encontraredes cousas sorprendentes. Aquí vos deixo os xoguetes que se poden ver na de Pablo Neruda.
E tamén vos recomendo este paseo pola casa de Frida Kahlo en México.
Por se non vos apetece ir tan lonxe, tamén se pode dar unha volta pola casa de Rosalía de Castro en Padrón.
De todas maneiras, hai cousas que só poderedes atopar nas vosas propias casas, con todo o que levades vivido nelas. Por iso é tan importante coidar delas, porque hai unha parte enorme de cada un de vós que as leva incorporadas dunha maneira inseparable.
Saboreade, pois, os momentos nelas pasados, porque vos transportan sempre nas ás da imaxinación e da memória cara o interior do voso corazón.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
5 comentarios:
Encántame a casa de Rosalía de Castro... é preciosa!!!!!!!!!!
Bicos:
Ana Mª
A min gustariame vivir nalgunhas desas casas como a de Rosalía de Castro.O dormitorío de Rosalía de Castro é moi bonita e a cociña preciosa.
Bicos:
Sara
Encantoume a casa de Rosalia de Castro pero o que mais me gustou foi... o seu jardin que ben o ten¡¡¡
Mateus.Tes razón non ahi nada mais fermoso que a propia casa¡¡
Tés boa razón, Miriam. E mellor ainda voltar à propia casa co corazón cheo coas cores do mundo, despois de termos visitado moitísimas máis.
Publicar un comentario