Hoxe todos na escola recibimos un agasallo do Rato:
O venres a Biblio abre as súas portas ao préstamo neste curso e nós iremos alí... cun novo carné nas mans!
Foi unha sorpresa que tivemos hoxe e que gustou moito a todos. Xa estamos fervendo por usalo!!
Ademais sabemos que o Rato anda tecendo nun novo tema para traballarmos xuntos neste trimestre. Cal será? Nos expositores do vestíbulo hai xa moitos libros que comezan a darnos algunha pista.
Axiña habemos ter novas. Seguro!
3 comentarios:
O carnés novos son moi bonitos.
A min me gustaron moito e a miña nai tamén.
Saudos:
Ana
Os carnes novos son chulisimos, as bibliotecas de arredores van tamén querelos.
Cristina
Os carnes novos son moi chulos e moi orixinais.Estou moi contenta de telo.
Bicos
Publicar un comentario