venres, 18 de setembro de 2009

Viviño...e traballando!!



OLAAA!
Pensabades que me fora para sempre? Pois non!
Xa estou aquí, de volta das vacacións e levo uns días trafegando na Biblio... e preparando algunha sorpresa para todos.
Polo de pronto, comunícovos que todo está xa listo para comezar co préstamo, así que a semana próxima...DESPEGAMOS!

Hoxe, ademais de saudarvos a todos, quero amosarvos un agasallo que tivemos: Marta, unha das miñas moitas amigas, deseñou para nós dous logotipos, un para a Biblio e outro para o colexio. Queredes velos? Pois, aí van:











Son moi bonitos, non si??
GRAZAS, Marta. A nós gústannos moito!!

5 comentarios:

Alba, Laura, María (1º) dixo...

OLA rato, grazas pola mensaxe,grazas por arreglar a biblio.A nós gustanos os libros moito.

Mateus dixo...

Parabéns, Marta, por teres feito imaxe os nosos soños presentes. Non terás por aí algún deseño para os soños futuros? Talvez iso nos axude a camiñar para eles con máis certezas e alegrias...
E a todos vós, meus amigos, dicir-vos que tamén estou trasneando, porque traballar, traballar, o que se di traballar... xa o facedes vós e o Rato.

Cristina dixo...

Si os logotipos son moi bonitos. Van quedar chulisimos cuando se leve algunha nota.

Ana Mª 5º dixo...

Hola os logotipos son chulísimos o rato do carné e chulísimo.


Saudos
Ana María 5º

Paloma 5º dixo...

Gústame moito o logotipo,xa verdes, vai quedar moi ben.




Bicos a todos