martes, 20 de xaneiro de 2009

Moito que ver, ler, escoitar...


Nestas últimas semanas, e mentres ando a voltas co novo tema que imos traballar xuntos, enchinme de pelis, libros, CDs... que están a entrar como novidades na nosa Biblio.
Hai de todo: cine, documentais, música de aquí e de aló, contos para escoitar, libros de ficción e informativos en inglés (éstes cóstanme un chisco máis...) e, por suposto, fermosos libros que contan historias, álbumes ilustrados e libros divulgativos.
Mira! Estes son algúns deles! Cal se che antoxa a ti?

3 comentarios:

olga dixo...

Grazas, Rato. Por ti, acabo de enterarme da reedición dun libro que me gustaba moito, moito. Chamábase "¡Ahora no, Fernando!" pero vexo que lle cambiaron o nome ó rapaz (non importa).
libros, bicos e queixo.

Anónimo dixo...

Rato, Rato:
Que grandes momentos se poden pasar!!! Mira, non terás uns cascos adaptados ás orellas trasneiras?
Por certo, a ver se vas contando que temas ides tratar, que o Moucho Encantado non para de me preguntar...

Antonio Martínez dixo...

Pero que biblioteca tan PRECIOSA... e con libros en varios idiomas...
Fantástico