mércores, 14 de xaneiro de 2009

Mateus escribe pechando o tema dos avós.


Amigas e amigos:
Desde a centenária experiéncia que teño queria contar-vos algo moi importante:
Os avós posuen unha rosa secreta, crecendo no seu interior desde o dia en que nacestes, habitada a sua casa, en que entardece lentamente, polos pasos que dades camiño dos seus brazos.
Uns teñen unha barca agochada entre os ollos preparada para vos levar ao centro da lúa, outros viaxaron até os vosos soños convertidos en aves brancas, anunciadoras do sol que está a medrar en vós, ou en paseantes das cidades atravesadas de arcos-da-vella dirixidos ás illas eternamente nacidas nas vosas mans, creadoras de mundos.
Todos eles foron nenos, sen poderen adiviñar toda a luz que viria de lonxe para dar-lles un feixe de estrelas en forma dos vosos bicos. Como estades a sentir agora, o tempo é unha árbore crecendo no voso corpo, traendo o son de todos os países imaxinados aos ouvidos atentos ao rumor da vida, transformando-vos en ourives do própio destino: asi o sentiron os vosos avós, os vosos pais, e asi o transmitiredes, como a fórmula oculta do universo, a quen veña poboar de alegria a Casa: a que será tan vosa como este planeta inteiro.

Ningún comentario: