Hoxe a choiva non nos quixo axudar co noso Magosto con Avós, pero nós non nos rendimos. Primeiro, mentres Joaquín asaba con paraugas, os nenos e nenas disfrutaron dunha preciosa peli... con avó incluido!!
Logo xogamos á roda coas avoas. Por fin poidemos saír un pouquiño, a comer as castañas fóra e ver aos avós bailar as buxainas.
MOITAS GRAZAS, AVOAS E AVÓS.
3 comentarios:
Que avoas e avós tan enrrollados. As castañas, seguro que estiveron boísimas. Parabéns.
Cando eu era cativa, polo magosto, que cadraba en Santos, pois daquela todalas festas que celebrabamos tiñan o santo correspondente,... dicia,que polo magosto, faciamos uns enormes colares coas castañas cocidas coa pelexa, os zonchos.
Saías da casa pola mañán dese día co teu colar, e ías comendo e dándolle castañas aos amigos, e mesmo catando quen era o que tiña froitas máis saborosas.
Para o próximo ano hei de falar na escola de volvermos facer os colares, pois hai catro cursos, xa os fixeramos, mais a min quedoume morriña da experiencia

Publicar un comentario