Queridos amigos e amigas:
Xa sabía eu que convidar ao meu amigo trasno Mateus a participar no noso blog era unha boa cousa.
Ven sucedendo que as súas adiviñas, ademais de compracernos a todos nós, chamaron a atención dunha sereíña anónima, que a cotío, lle responde nos comentarios.
Pois ben: nesta última ela atreveuse a xogar tamén. Víchedes a adiviña que ela nos propón? Por se non foi así, escríboa eu a continuación:
Amigo Mateus:
o teu xogo, eu xogo
¿xogas ti o meu?
¿Que cousa, é esa cousa,
que entra no río e non se molla?
Polos bosques libres do mundo enteiro. Saúdos da raíña sereíña.
5 comentarios:
Coma unha raíña
hoxe me sinto
sen duda,neste sitio,
nestes mares,
e nos que vos querades,
sempre me atoparedes.
Miles de gracias por prestarme atención, eu dende logo, xa desde fai tempo vola presto a vos. Unha delicia esta páxina que paso con alegría case tódolos días.
Bicos da raíña sereíña
A resposta é moi fácil: a sombra.
Nós cremos que é o reflexo.
E será, querida sereíña, o mesmo que
Sobe á montaña e non cansa
E que chove e non ten frio?
Quen sabe?
rapaces e raparigas,
mateus amigo meu,
o que é vo lo digo:
os raios do sol.
Bicos a miles dende os meus mares.
a raíña sereíña
Publicar un comentario