martes, 12 de febreiro de 2008

4ª adiviña do meu amigo Mateus

7 comentarios:

Anónimo dixo...

¿Será o arco da vella?
Aldara e Montse.

Anónimo dixo...

no ceo chantado
co seu colorin,
co seu colorado.....
ay trasniño de tanta festa
desta non che deu moito a testa.
¿por certo non coñecerás o trasno
que garda o pote cheiño de ouro que esta o final dos sete?
mateus amigo
en vez de anonimo/a
chámame sereiña.

Anónimo dixo...

Queridos amigos e amiga anónima:
Sinto non poder ter respondido antes, pero estiven-me recuperando do golpe que levei no cu ao caer da cadeira onde estaba sentado vendo esta resposta vosa.
Efectivamente trata-se das sete cores do arco da vella...
Desde logo, quito o pucho das miñas orellas e descubro-me ante a vosa capacidade, cada dia maior, de xogar e dar no cravo.
En canto a ti, querida ex-anónima, a quen, se non importa, podo chamar a Raíña Sereíña, só quero dicir-che que podes colaborar connosco en todos estes xogos e nos que inventes (o Rato e máis eu estamos ben contentos de que entre quen queira nesta casa aberta ao mundo, e á imaxinación).
E no referente ao trasno que garda o pote cheo de ouro é un vello primo meu que está a colaborar co noso traballo de liberación do bosque e na recuperación da memória de todos os nosos amigos que frecuenta(ba)n estas terras (a iso é ao que el chama o pote de ouro, porque dá acceso á grande festa da Liberdade e os Soños). Se queres, podemos falar con el un dia e que nos conte algunha vella história, non che parece?

Bon, despido-me de vós desexando-vos unha moi boa fin de semana e coa promesa de buscar algunha que outra adiviña para a vindeira.

Saúde e Liberdade para tod@s.

Anónimo dixo...

Amigo Mateus o teu xogo, eu xogo
¿xogas ti o meu?

¿Que cousa, é esa cousa
que entra no rio e non se molla?


Polos bosques libres do mundo enteiro.
Saudos da raíña sereíña

Anónimo dixo...

Mateus:
Algún amigo teu, debeu dar boa conta das larpeiradas que deixaches na miña cadeira, pois eu non cheguei a velas.
Aínda así, moitas grazas.

Anónimo dixo...

Eu creo que a resposta á adiviña é o arco da vella: sete cores facendo unha roda e non se mollan por máis que chova.

Anónimo dixo...

Efectivamente é o arco da vella.
Marisol:
Hei de repasar a axenda dos meus amigos e ver de encontrar quen teña o bandullo un pouco máis grande que en Xaneiro.
De todas maneiras, nestas festas hai moita confusión, e todo pode acontecer, non é?.
Saúdos trasneiros.