Quen senon, podería facer tal cousa?
No colexio, como en todo edificio que se precie, temos un cuarto escuro (tamén chamado cuarto dos ratos) onde conviven trastos, vasoiras e outros enseres. Hoxe, colgado na súa porta estaba o cartel que vedes na foto; no seu interior, todo un ceo estrelado que enchía de brillo a escuridade...
Cousas do rato! Seguro!
7 comentarios:
Pois a verdade é que fomos o Rato e máis eu. Sempre spñei, desde aqui arriba, en darlle a volta aos cadros que fixera en vida e ver o fondo do ceo cos vosos ollos, meus amigos.
Apertas desde o cuarto do vello mariñeiro do voso amigo Lugris, que segue pintando o mar coa luz das luas e a axuda dos vosos soños.
Nun cuartiño pechado
estaba o ceo encerrado.
Vos digo eu que si
que fun e o vin.
Luas e estrelas
todas, todiñas
estaban na Sardiñeira.
Bicos estrelados da raíña sereíña.
Ola,que tal?eu moi ben no instituto.Aínda que estemos moi preto pareceme estar moi lonxe de vós. Xa entrei no voso ceo particular,é moi bonito. Espero que a disfrutedes moito.
Un bico e un saúdo especialmente para os nenos de 6º e para Juana.
Sofía Mareque Martínez
1ºE.S.O
ola! que tal amigos?Eu ben, con moito traballo na ESO.
A habitación do ceo é moi bonita.
Quen me dera estar neste colexio para disfrutala.
BICOS E UNHA APERTA MOI FORTE.
P.D.:Rapaces de 5º e 6º coidade ben a Juana que é un tesouro.
A verdade e que ten razón Tamara ,Juana e un tesouro ao igual ca todas a profes do cole.
La verdad es que el Planetario es increible,me encantó visitarlo ,jejeje.Valeria
Publicar un comentario