COMO NON!! Andamos xa metidos nun novo tema de traballo. Queredes saber o seu título? Pois, como empezo a sentir envexa do meu amigo Mateus, non volo vou decir... Hai que botarse a adiviñar!
Como pista, aí tedes unha fermosa imaxe. A súa autora é Jane Ray e está nun dos libros que imos utilizar neste tema.
Sabedes xa cal é ese tema?? Como pensades que se pode titular??
5 comentarios:
Puede ser ¿cuentos de amor y amistad de Jane Ray?
Aldara y Montse.
Non, non, non,
que fallo,
seguro que é "Cuentos del sol, la luna y las estrellas"
Aldara e Montse.
Ola, amigos:
Desde a estrela en que vivo agora, 100 anos despois de ter nacido na vosa cidade, vexo que os soños que tiven e convertín nalgúns cadros e murais renacen nestes traballos.
O meu amigo Antón (Avilés, o de Noia, o grande poeta taberneiro http://gl.wikipedia.org/wiki/Ant%C3%B3n_Avil%C3%A9s_de_Taramancos) e eu, nas nosas andanzas pola Coruña, tiñamos reparado sempre na enorme beleza do sol e a lúa entrándonos polos ollos e comunicándonos coa luz o misterio maravilloso da vida. Aquí bebemos na nostalxia e no río dos soños, e fíxonos amar sempre o Universo (http://bvg.udc.es/LetrasGalegas/Estudios/caminhosnotempo.html).
Así que gostaría de que dediquedes uns minutos nestes meses a ollar o ceo de noite e ver as estrelas cos ollos e co corazón, porque alí andamos moitos amigos vosos, aprendendo da vosa sede de coñecer o mundo.
Aí vos mando uns bicos pintados de pó de estrelas e unha aperta desde o lado oculto da Lua.
Cremos que o tema é o sol e a lúa. Tamén se chaman Catarina e Lourenzo.
PABLO, MARIA, ALBA, DAMIAN, LAURA, BORJA,
O tema e sobre o sol a lúa o sol e as estrelas.
Publicar un comentario