Queridas amigas e amigos:
Aquí estou outra vez, coa barrigola ben fartiña do Nadal e a cabezola a matinar no que imos facer nestes meses.
Mentres tanto... teño unha novidade que vos ofrecer!! Veredes: teño un amigo que anda toliño por xogar con todos vós. É un personaxe peculiar: un TRASNO!
Como tal, é coxo, pequechiño e cun furado na man esquerda. Anda todo o día a rir e gústanlle as bromas e falcatruadas e, aínda máis, o feito de deixar pistas delas. Por iso, está disposto a plantexarnos adiviñas difíciles e irnos dando pistas das solucións.
Que vos parece? Queredes xogar con el?
(Por se vos queredes informar de como son estes seres, velaí dous libros que contan moito deles. Podedes atopalos na nosa Biblio)
6 comentarios:
noeliaQuerido Rato gustariame coecer a o teu amigo o trasno Mateus en persoa. Pra falar con el e tamén xogar con el as agachadas etc...
Queridos Rato gustariame coeceñecer a o teu amigo o trasno Mateus en persoa .Pra falar con el e tamén xogar con el as agachadas. un boico
Gústanos moito as adiviñas e queremos que o trasno Mateus nos poña moitas no ordenador. Esperamos que as escriba moi pronto.
Me gustaría xogar as adiviñas co trasno Mateus.
Querido Rato. a min gustariame coñecer en persoa ao trasno Mateus. Eu teño unha imaxe del, e cando o imaxino faime moita gracía.
Querido Rato: gustariame poder falar co teu amigo o trasno Mateus para decirlle que me parece moi gracioso. Como eu o imaxino é con cara enrugada, moi pequeniño e cun pucho vermello e unha longa capa.
Publicar un comentario