Na hora do conto, na Biblio, limos xuntos hoxe a mensaxe de presentación que fixo o Rato sobre o seu amigo Mateus.
Seguindo as súas instrucións, consultamos os libros de mitoloxía e aprendimos moito sobre Mateus e os seus colegas. Velaí os resultados: así imaxinan a Mateus algúns dos nenos e nenas de cinco anos.
2 comentarios:
Grazas, meus amigos:
Estou ben favorecido nestes retratos, e algo hai de min en todos eles. Hei-nos de gardar no cuarto máis amplo na casa que teño debaixo da árbore, porque non hai maneira de facer-me fotos coas cámaras: ROMPO-AS TODAS CO MEU NARIZ!!!
A quen mellor debuxo me faga hei-lle de dar un gran prémio: un bico meu con mel e chocolate, levado por unha pomba mensaxeira ao voso cuarto cando durmades e soñedes con este voso cole...
Estamos encantados de terte, trasno Mateus.
Un bico dos pequechos do cole.
Publicar un comentario