martes, 4 de decembro de 2007

Unha chea de Nadais- Ecuador.

A nosa é unha escola pequena, pero cunha grande riqueza: está chea de cores, terras, tradicións diferentes. Ademais do noso país, nela están representados Perú, Uruguai, Arxentina, Cuba, Colombia, Ecuador, Brasil, Guinea, Rumanía, China e Portugal.
Agora que chega o Nadal quixemos coñecer os distintos xeitos de celebralo (ou non) de todos estes lugares. Hoxe, coa axuda de Araceli (que é a madriña de Liseth), comezamos por ECUADOR:
Os Reis Magos non chegan ata aló, pero si Papá Noel. No lugar de Ecuador onde vivía Liseth, Papá Noel non leva os xoguetes ás casas, senon que os entrega nas escolas nas vísperas de Nadal. É alí onde os reciben os nenos e nenas.
Araceli contounos tamén que na Noitevella, as xentes bótanse á rúa a celebrar xuntos a entrada do ano. Alí, queiman bonecos que fixeran con trapos e que no seu recheo levan papeis, onde as persoas anotan as cousas malas que viviron no ano e que queren esquecer. Ese boneco chámase Añoviejo.



6 comentarios:

O Segrel do Penedo dixo...

Canto que aprender dos outros, canto que compartir...
Parabéns por unha experiencia tan enriquecedora!!
Unha aperta dende Fene

Anónimo dixo...

que bonito aprender de otros paises,tan diferentes y tan iguales.un abrazo desde Canosa-Rus

Anónimo dixo...

Moi boa idea esta de partillar as experiéncias sobre como celebramos a entrada do ano, e o Nadal, en diversas partes do mundo. Neste cole, na periferia dos Mallos, temos unha fonte da que manan soños e distintas maneiras de entender a realidade: un diálogo entre seres humanos en pé de igualdade. A ver se os maiores sabemos estar á altura do que aprenden os nosos fillos...
A propósito: ese botar-se ás ruas para, xuntos, queimar todo o negativo e saudar a vida dun novo ano lembra-me o que, talvez inconscientemente, facemos no San Xoán por estes lares, non vos parece?
Un brinde polo savoir faire e savoir vivre!!!

Anónimo dixo...

Ola quedamos impresionadas co que estades facendo os nenos e os profes, falando de distintas nacionalidades.É precioso como vos tomades as cousas, gustounos moito o que falaste do moneco que se fai en Ecuador .
É moi bonito como as persoas queiman o moneco´e deixan atras o malo que lle pasou no ano.

Anónimo dixo...

Hola soy de Uruguay, me gusta lo que estais haciendo.Tambien me gusta la navidad de Ecuador y de Portugal me gustaria que mi madre viniese a la escuela a contar lo de Uruguay.

Anónimo dixo...

Isto de que veñan as nais dos nenos e nenas doutros paises do meu colexio a contarnos como se fan as navidades no seu pais pareceme moi interesante e unha gran idea para coñecer como pasan os nenos e as nenas e as suas familias as navidades e estas festas.