martes, 11 de decembro de 2007
Unha chea de Nadais - Perú.
Luis e Ever naceron en Perú, nunha cidade do norte: Chiclayo. Hoxe Yamna, a súa nai, contounos como se vive aló o nadal. Soubemos que o 24 é o máis grande dos días. As rúas vanse adornando desde antes e son as xentes as que o fan, colocando faroliños e grilandas de papel. Nesa noite hai un gran pavo recheo na cea, e de postre panetón.
Ás doce, os nenos abren os agasallos que lles deixou Papá Noel e nese momento é cando se coloca no nacimento a figura do neno Xesús: os donos da casa elixen dentre os seus convidados uns padriños. Eles serán os encargados de poñer a figura no portal e, a cambio, deixarán un donativo que se usará para enriquecer o Belén no ano seguinte. Nesa noite visítanse as casas dos veciños e os nenos van por elas cantando panxoliñas. Yamna cantounos hoxe unha das que lembra ter cantado de nena, vestida de Virxe María.
A entrada do ano celébrase nas rúas e praias, con música e foguetes e queimando tamén un boneco, como en Ecuador.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
Estas costunbres son moi bonitas. Se podesemos facer algunha costumbre que se fai nas navidades de Peru en España seria moi bonito e fermoso.
Publicar un comentario