Fátima, a nai de Bruno, veu hoxe falarnos do Natal, que é o nome do Nadal en portugués. Ela falounos das tradicións da súa zona, o norte do país.
Contounos que as datas máis importantes son, sen dúbida, o 24 e 25 de decembro. A xente celébraas moito máis que o fin de ano.
Na tarde do 24 comézase a cociñar moi cedo, porque a cea é abundante e empeza sobre as sete ou oito.O prato tradicional leva bacalhau con batatas, ovos cozidos, couves galegas... tamén polvo cozido. Os postres son caseiros e numerosos: aletria, rabanadas, arroz doce... Ao día seguinte o xantar faise elaborando unha roupa vella cos restos da noite anterior.
Ás doce da noite moita xente acude á missa do galo. A partir desa hora é o momento en que os pequechos poden abrir os seus agasallos, que chegan ás casas da man de Papá Noel ou do neno Xesús.
3 comentarios:
Esta visita da nai de Bruno o de prescolar ablounos das navidades en Portugal foi tan interesante coma a anterior dixonos moitas cousas sobre as suas navidades.
Esta visita da nai de Bruno o de prescolar ablounos das navidades en Portugal foi tan interesante coma a anterior dixonos moitas cousas sobre as suas navidades.
Bem interessante: semelha que a Ponte nas Ondas (http://www.pontenasondas.org) também chegou ao norte e deixou claro que as fronteiras só funcionam para quem as interioriza.
A volta ao mundo em 80 natais começa e acaba neste cole...
Publicar un comentario