xoves, 19 de abril de 2007

Mamás con moito conto



Os venres ás doce, a nosa Biblio acóllenos a todos para xuntos compatir a lectura dun conto. Unha das profes, ou o convidado do día, séntase no Trono do rei das palabras e le en voz alta ou conta. Ás veces son os nenos e nenas dun curso calquera os que contan, recitan, escenifican... para todos os demais. Neste caso a sesión faise no vestíbulo e os rapaces contan desde o escenario.
Pero hai outra actividade dentro do noso proxecto, que é unha iniciativa das mestras de infantil e que a min me encanta presenciar: Algúns venres a primeira hora, unha das nais ocupa o Trono e conta para os pequechos da escola. Eu, agochado no meu buratiño, disfrútoo moito. Estou seguro de que, pouco a pouco, haberá máis nais que se animen e... por favor!!!!... tamén algún papá!

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Dicia Walter Benjamin, o grande contador e filósofo alemán, algo asi como que cando a un neno lle contan unha historia, poden-se ver folerpas caindo dentro dos seus ollos.
Grazas por estas nevaradas que espertan unha luz ben humana entre tanto neón e videoxogos, e fan que todos, nen@s e adult@s, aprendamos. E medremos.

Anónimo dixo...

Nos encantó que viniera una mamá a contarnos un cuento aunque el lobo nos dió miedo.
Miriam y Saray.

Anónimo dixo...

Que sorte tes, rato, de vivir nunha biblioteca na que tanto se conta e tanto se le... dasme unha envexa!!!!