O avó rato non parece o mesmo. A verdade, eu penso que se fixo un lifting... pero, aínda hai máis; porque o avó non se conformou só con iso. Veredes, cando estaba na chocolaterapia, para poñer máis tersa a pel, deuse de conta de que o día seguinte era o gran día do seu regreso e... tiña que renovar o vestiario!! Xa de volta, viu un abrigo e unhas lentes; probou as dúas cousas e, decidido, foi pagar á caixa.
Despois de saír do Corte Inglés, chegou por fin á escola tan guapo, tan rexuvenecido... e tan bo avó coma sempre.
Antía. 6º primaria
1 comentario:
Nenas e nenos do C.P. Xosé Cornide: Noraboa por este blog.
Estou sorprendida dos cambios tan fenomenais que sufriu o avó rato. Hei ir polo voso cole para asegurarme de que é certo o que aparece nas fotos. Vos xa saberes que as imaxes as veces son falsas, we non representan de todo a realidade.
Publicar un comentario