martes, 12 de abril de 2016

UN CONTO AO REVÉS

O noso compañeiro o profe Marcos, e o seu alter ego, Richi o grande músico, colaboraron con FRAN AMIL nun libro musical co título UN CONTO AO REVÉS.
O venres pasado, estes dous artistas, viñeron ao cole para presentarnos o conto e cantarnos e contarnos cousas deste libro.
Pasámolo en grande, moitas grazas aos dous.



xoves, 10 de marzo de 2016

AMIGUIÑOS SI...ABUSÓNS NON!

Os artistas deste colexio fixeron unha "performance" que me deu moito que pensar, palabra de Rato.
Explicáronnos a todos que hai varias formas de acoso escolar, vellas e novas maneiras de facer dano aos compañeiros e que sempre temos que loitar contra elas.
Para que o entendéramos mellor, representaron situacións que poden ocorrer e como podemos facer para que nunca o suframos nin permitamos que outros o sufran.
Mirade ben o vídeo, e poñédevos na pel e nos zapatos dos protagonistas destas historias.


Os meus parabens aos que levaron a cabo esta lección-actuación. Heilles de contar aos meus colegas ratos de biblioteca que no meu cole os nenos saben defenderse e defender aos seus amigos, que iso é tan importante como as demáis cousas que se aprenden aquí.
E marcho cantando o himno dos pequeniños:
Amiguiños si, peleóns non.

NOVO CADERNIÑO...VELLOS OFICIOS!











O curso segue o seu devenir e os peques xa están co segundo tema no que
van traballar.Esta vez vai ser o mundo dos oficios, e en especial mergullaránse cos oficios tradicionais, aqueles que pouco a pouco van desaparecendo, e que son parte da nosa memoria histórica.
Aquí tedes o caderniño que servirá de base para as súas investigacións.
E xa sabedes:
 Zapateiro... aos teus zapatos

venres, 12 de febreiro de 2016

ENTROIDO 2016

Graciñas a toda a comunidade educativa, familias, servizo de comedor...incluso ao tempo atmosférico que colaboraron para que neste entroido todo fora unha festa.


martes, 2 de febreiro de 2016

AMIGUIÑOS SI, PELEÓNS NON... DÍA DA PAZ.

Esta foi a nosa maneira de lembrar a falta que nos fai que haxa paz no mundo e a sorte que temos de vivir en casiñas quentes, coa nosa familia, e os nosos amigos.
Comezaron os pequenos de 3 e 4 anos cunha versión da Tarara que contaba que no cole teñen un montón de amigos. Todos estivemos dacordo con eles e cantamos tamén "Amiguitos si, peleones no"
A continuación veu o novo grupo rapeiro, cun grande éxito internacional titulado "La blanca paloma" que proximamente será escollida como himno de apertura das sesións da ONU.
Logo, a rapazada de 1º e 2º contou unha historia que nos aconsellaba non deixar sitio aos abusóns nos colexios e que todos podemos xuntos acabar con eles,

Os nosos poetas de 3º e 4º compuxeron poemas para que todo o mundo saiba que...
Queremos facer as paces 
con todos os rapaces.
 
Para rematar, os de 5º e 6º, interpretaron, con percusión de bolígrafos, o noso clásico e popular tema
Soio con tres letras
tres letras nada máis,
escríbese a palabra PAZ 
 

luns, 11 de xaneiro de 2016

FESTA MAMÁ ÁFRICA! HAKUNA MATATA!

Desfrutade dos artistas do José Cornide


martes, 17 de novembro de 2015

POEMAS, XOGOS E DE CASTAÑAS UN POSTO....O NOSO MAGOSTO!!!!!

Xa chegou o noso MAGOSTO!!
Foi unha xornada de festa para todos. Jose e algúns profes traballaron arreo para asar unhas deliciosas castañas. Os pícaros xa estiveran preparando os recipientes para levar as castañas e non tirar as cascas ao chan. Había cada un máis bonito...!!




 Así que, despois do recreo, xuntámosnos todos no vestíbulo do cole, e alí houbo cantigas, poemas, refráns...  para que todas as familias coñeceran moito máis dos magostos.







Despois de encher o bandullo de castañas e leite, os rapaces e rapazas maiores do cole, organizaron no patio un monton de xogos e, cada vez que o profe Marcos tocaba o tambor, todos cambiabamos e tiñamos que adiviñar onde está a castaña, ou tirar a castaña na boca da ra, ou unha carreira de castañas na culler, castaña branca-castaña moura...




 Polo tanto, co ben que o pasamos, pedimos:

OUTRO MAGOSTO
PARA O MES DE AGOSTO!!!