martes, 15 de marzo de 2022

APRENDENDO A DISFRUTAR DAS BIBLIOTECAS

 Volvemos, coma todos os anos, á nosa biblioteca preferida , á biblioteca do barrio, á biblioteca da Sagrada Familia, onde temos moitos amigos e amigas e  sempre nos preparan actividades moi, moi divertidas.





Ademáis, a nosa biblio xa está organizada coma as bibliotecas municipais de Coruña, e alí practicamos como buscar información e lecturas interesantes en todas elas.

As bibliotecarias fixeron con todos os grupos unha sesión de animación á lectura e ademáis moitos consellos de FORMACIÓN DE USUARIOS DE BIBLIOTECAS.






Canto aprendemos!!

Que divertido é visitar as bibliotecas!



Vivan todos os RATOS E TRASNOS que viven e traballan cos libros!!

Ningún comentario: