martes, 2 de novembro de 2021

VOLVEMOS COA HORA DO CONTO TODOS OS VENRES!!

Comezamos a nosa  tradición dos contos dos venres na HORA DE LER.
E, que mellor que un clásico que nos gusta a nenos e maiores?

O venres, 1 de outubro, Sheila, Diego, Ines, e Tomi como técnico de son, representaron en guiñol
unha adaptación do conto que titularon "O Rato Rosa".
Foron moi aplaudidos e quedamos con gañas de velos representar máis contos.



O seguinte venres, 8 de outubro, foi a profe Ana a que contou a versión de Kalandrada do Coelliño Branco, e ademais escoitamos "La cabra montesina", que é un conto que se escoitaba na radio na época dos avós, que é a mesma historia pero en castelán.
E o venres, 15 de outubro, lembrámosnos da Profe Marisol, que foi direcctora do colexio moitos anos.
Mandámoslle moitos bicos e escoitamos o conto "A lebre e a tartaruga", que ela escribíu e co que uns nenos que xa son maiores e marcharon para o Instituto gañaron un premio en Santiago no concurso "Tíralle da Lingua"
Con este libro aprendemos os nomes dos animais que habitan nunha fraga, e ademais, que non por moito apurar se chega sempre por diante.

E o mesmo día, os magos Diego e Inés, fixeron uns trucos de maxia que nos deixaron a todos abraiados.

E xa vos irei contando todo o que neste marabilloso e "máxico" cole vai sucedendo.
Ata a próxima amiguiños!!
 

1 comentario:

Coco dixo...

Ola, ola, ola! Canto tempo, que sorpresa e que alegría ler de novo estas cousas! Como me gustan! A miña pelame azul púxose vermella con tanto contentamento... Espero poder visitarvos de vez en cando e ver estas cousas tan marabillosas que facedes no colexio. Seguide así!