O luns 23 de marzo, deu comezo a proposta de lecer on-line "Xaque ao virus" que levan a cabo os educadores dos Programas de Lecer da Federación Provincial de ANPAs
É unha proposta para o fomento da saúde tanto mental como física adaptada á situación do confinamento familiar no que a sociedade española está inmersa debido á pandemia provocada polo coronavirus. Dita proposta está orientada a todos os escolares inscritos nos programas municipais "Deporte non Centro", "Lecer Educativo-POE-" e "Luditarde", para así seguir mantendo a oferta educativa a todas aquelas familias inscritas nos devanditos programas.
O Xogo consiste na superación de diferentes retos semanais para conseguir unha serie de puntos ou antivirus necesarios para derrotar ao coronavirus e avanzar postos na clasificación xeral. Os retos serán probas sinxelas a superar para acumular puntos para o teu colexio. Cada reto constará de dúas probas:
- Proba CORPO EN FORMA: Serán tarefas que teñen que ver coa actividade física e o deporte e que poderás facer en casa.
- Proba MENTE EN FORMA: Serán tarefas que fomentarán o desenvolvemento da túa creatividade. Cun pouco de imaxinación, seguro que as fas facilmente.
Os retos publicaranse no blog do xogo creado para o teu colexio os luns, mércores e venres ás 12:00 h. DISPÓS DE 36 HORAS PARA REALIZAR CADA RETO.
É moi sinxelo bastará con que envíes unha foto do reto ou un vídeo á dirección de correo electrónico do blog do teu colexio.
- CEIP JOSÉ CORNIDE: fapasjosecornide.blogspot.com
E-mail: fapasjosecornide@gmail.com
A QUÉ ESPERAS?!!!
LEMBRA que podes animar aos teus compañeiros e compañeiras do cole a participar no xogo, non só os que van a actividades. Cantos máis sexades mellor e máis puntuación para o teu cole.
1 comentario:
Ola, ola! Eu que estaba este ano fóra do Cornide, a viaxar polo mundo... Este virus con nome de mascota de Xogos Olímpicos fíxome volver, e ficar na casa. Que mala xogada! Pero para olímpicos nós. Imos gañar, veredes. Medalla de ouro seguro. Moito ánimo a todos, a coidarse moito e a coidar aos que máis queremos: OS NENOS DO CORNIDE!!!
Publicar un comentario