Como sabía que a miña viaxe ía para tempo, deixei encargado ao meu amigo "Faustino Donoso" que me contara todo o que no cole sucedía, así que puxo unha cámara nun ollo e gravoume esta película.
Así poderedes ver coma mín :
Os amigos alemáns que nos visitan todos os anos, a entrega dos carnés da biblio aos nenos novos, os contos e escenificacións dos venres, as profesoras de prácticas que tanto colaboran, os nenos facendo as cabazas e os colares de zonchos e as cariñas ledas de todos e todas medrando e aprendendo felices.
Pronto teredes novas miñas e ata entón, divertídevos moito.
3 comentarios:
Que ben! Xa todos de volta. Estades todos tan guapos como o ano pasado.
Ai rato…! Menos mal que non quedache por alá! Coma na terriña en ningures. Pois por aquí, xa ves como anda a cousa. Pois como ten que ser: ben, ben, requetebén. Pero non te cambiamos por Faustino, o pobre está nos ósos.
Vaia, vaia! Eu, que xa son vello no lugar, este ano vexo moitas caras felices no colexio. Ratiño e Faustino, por favor, dádelle un saúdo especial a todos os rapaces e profes novos, que ven se ve que teñen moito espírito e talento. E vos coidádevos moito.
Publicar un comentario