Aquí temos a sorpresa prometida .
O noso vello trono para contar contos desapareceu, e no seu lugar temos unha bonita e quentiña lareira, como na que os nosos devanceiros pasaban as noites longas e frías entretidos con historias que se contaban uns a outros.
E, como en todas as lareiras, hai un gato e algún que outro rato buscando a caloriña.
Para a súa inaguración viñeron Alex e Sara, da marabillosa editorial Kalandraka, e cantaron e contaron vellos e novos contos.
E aquí tedes un vídeo para disfrutar tanto coma nós.
3 comentarios:
Encántame! Ai, que gustiño, que quentura! Debeu gustar moito todo, a lareira e os contos, os contos na lareira, porque non vexo que lle entrara o sono a ningún neno. Eu podo pasar por gato ou rato, son un becho tamén un pouco estraño, así que calquera día dou unha volta pola vosa fantástica lareira. Vémonos!
A lareira gustoume moito. Espero que contedes moitos contos nela.
Me gustó mucho como tocó Alex y las voces de Sara.
Publicar un comentario