Para comezar, a profe Ana leunos o conto MAGO GOMA:
Este é o Mago Goma.
Un mago moi singular.
Un mago que garda soños,
nunha caixa de cristal.
E despois descubrimos que no colexio temos un mago pequeno. Mellor dito: Un MATEMAGO.
Diego, de 2º curso, é un fenómeno facendo maxia coas matemáticas, e foi quen de sumar ringleiras de números moito máis rápido que os rapaces de 5º e 6º coas calculadoras.
Tamén é verdade que contou coa colaboración imprescindible de Sheila, que lle fixo de axudante.
Nenos, profes e ata eu Rato, quedamos impresionados e esperamos escoitar moitos máis contos máxicos, e moitos nenos e nenas ensinándonos MATEMÁXICAS.
Ata a próxima.
5 comentarios:
Ben, ben, requetebén o matemago! Ummm, sorpresa, como me gustan a min as sorpresas! Que será será?
Gustoume moito ser a axudanta de Diego,paseino moi ben.
Gustoume moito a actuaión de Matemaxia. Foi moi sorprendente.
Gustoume moito a actuación de Matemaxia. Foi moi sorprendente
O super mago
Publicar un comentario