luns, 14 de novembro de 2016

MERCEDES QUEIXAS NO NOSO COLEXIO.


A autora do libro "Labrego con algo de poeta", que temos na nosa biblioteca, veu ao colexio a dicirnos como foi Manuel María de neno ata se converter no grande poeta que todos queremos e admiramos.

 Mostrounos imaxes da súa nenez, xuventude e casa familiar, a súa vida con Saleta, a súa muller, as tertulias en Lugo e A Coruña. E despois contestou a todas as preguntas que a cativería quixo facer.
 E o encargado de agradecerlle  a súa colaboración foi Xosé, o seu sobriño, que así de contento lle fixo entrega dun retrato meu que un día me fixeron en Sargadelos.

2 comentarios:

Sol con gafas dixo...

Tu tía lo hizo super bien Xosé!!!
Se la ve majísima y veo que es una experta en el tema.
Sigue así Mercedes!!!!

Coco dixo...

Ben, ben, requetebén! Para os dous, para Mercedes e para Xosé!