luns, 27 de outubro de 2014
SANDRA , RAQUEL E UN BECHO ESTRAÑO!
O venres 24 de outubro, seguindo cos contos da miña numerosa familia, Sandra e Raquel presentaron ao membro máis estrafalario dos meus parentes.
Un rato que se convirte en ovo, e un ovo que se volve rato segundo o vento, a chuvia, un lóstrego ou un susto quite ou poña as partes do seu corpo.
Con este conto misterioso, Sandra e Raquel fixéronnos un regalo fermoso.
Aproveitando que estabamos todos xuntos e contentos, repartimos o caderniño de traballo que faremos nestes meses para aprender todos xuntos sobre rodas e raís.
Fixádevos ben e boa viaxe.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Paréceme xenial o proxecto deste trimestre! Que o disfrutedes moitísimo.
Boto moito de menos a Sandra e máis Raquel,tamén me gustou moito o caderniño novo.Seguro que imos traballar moito e imos pasalo moi ben.O cole José Cornide mola¡¡¡
Publicar un comentario