venres, 19 de setembro de 2014

PASAXEIROS AO TREN... COMEZAMOS A VIAXE!

Xa estamos aquí de novo, con forzas e ilusións  renovadas. Vellos amigos e cariñas pequenas que esperan facer moitos amigos, aprender moitas cousas e sobre todo pasalo moi ben.


Comezamos escoitando un conto que nos fala das mentiras que nos contan os maiores para enganarnos e como lles temos que berrar "ISO É MENTIRA"

E, para rematar, debuxámonos montados no tren deste curso, que vou conducir eu, por suposto. Boa viaxe a todos.

4 comentarios:

vero dixo...

viva 3-

LeticiaCG dixo...

Espero que esteades tendo unha marabillosa volta á escola. Canto medráchedes no verán! Aprendede moito!

Moitos biquiños e apertas dende Valencia.

Canto vos boto de menos!!

Ana,Lara e Lucas. dixo...

Espero que os pequenos o pasen moi ben este novo curso.

Gustoume moito volver ao cole e ver aos meus amigos.

Desexaba volver ao colexio.

Lucas, Ana e Lara.

Coco dixo...

Ai, que case non chego. Xa estou de volta, subo tamén ao tren. Saúdos a todos!