O día 16 de maio celebramos no colexio o Día das Letras Galegas, agardando que haxa moitos días máis cada ano.
Este ano lembramos e fixémos a homenaxe a Xosé María Díaz Castro.
Marisol explicounos a orixe deste día e do noso idioma, e despois vimos un vídeo sobre Díaz Castro. |
Os pícaros de 1º ciclo recitaron o poema "Esmeralda" |
Os de 2º ciclo "Terra Sucada" |
E, para remate, os de 3º ciclo, dun xeito moi rapeiro, fixéronnos bailar co poema "Penélope" |
Aproveitando que estábamos de festa, todos xuntos, felices e contentos, houbo unha rifa.
Cinco leitugas, sementadas, regadas, e coidadas polos nenos deste colexio, foron sorteadas unha por aula.
Aquí vedes as caras de ledicia dos afortunados gañadores.
Que vos aproveite!
1 comentario:
Mágoa que xa non vou ao cole! Seguro que disfrutástedes moito deste día. Eu tamén quería unha leituga coma esas para a miña ensalada... Verdade que estaba boísima?
Publicar un comentario