O día 23 de abril celebramos o día mundial do libro.
Para festexalo ben, os pícaros de 4º escolleron un capítulo moi divertido do Quixote,e medio leron , medio dramatizaron "A guerra dos rabaños", e todos rimos coas tenras tolerías deste cabaleiro manchego e universal.
Estes nenos xa o tiñan traballado en cómic, e aquí tedes dous exemplares de mostra.
Aproveitamos para lembrar e facer a nosa pequena homenaxe a Gabriel García Márquez, e a profe Ana leu os primeiros parágrafos da súa novela "Cien años de soledad". Espero que moitos dos nenos que escoitaron este comezo, axiña se atrevan a disfrutar da historia do Coronel Aureliano Buendía e a súa extraordinaria familia.
2 comentarios:
Gustoume a función do quixote foi
moi divertida.
Gustoume moito representar o capítulo do don Quixote coa historia dos rabaños.
Parecéronme moi divertidos os disfraces.
Alejandra e Kenyara
Publicar un comentario