O venres 7 de febreiro, os nosos bos amigos de Kalandraka, Patri e Alex, viñeron ao cole coa súa maleta chea de misterios e o seu acordeón.
Enriba do escenario puxeron un un lote dos nosos libros favoritos e algún novo.
Coa súa forma tan divertida de contalos e de facernos cantar a todos, pasamos un rato con mamás, bufos, monstros e nunha cacería de osos, que non rematou como esperábamos.
O éxito foi total e agora os nenos teñen aínda máis interese en coller estes libros da nosa biblioteca.
Agardamos que volvades axiña con novas ou vellas historias.
Moitas grazas!!
8 comentarios:
Parécenme xenial estas actividades do colexio. Os libros de Kalandraka son xeniais. Gústame moito o libro Imos cazar un oso.
Gustoume moito os contos e os bonecos
monstros.Grazas Patri e Alex!!!!
Gustáronme os contos e as cancións que cantaban Patri e Alex!
E tamén as cancións!
María , Sara e Claudia.
No me gustó el libro "Donde viven los monstruos", porque me daba un susto de muerte.
Gustáronme os contos e como tocaba Alex o acordeón.
Gustoume moito pero canseime un pouco as pernas
gustoume moito como o fixeron e as cancions son moi bos contando contos
¡¡GRAZAS POR VIR !!
Gustoume moito os contos e as cancions.
Patri e Alex sodes estupendos !!!!!
Gustaronme moito todas a cancions e gustariame moito que volverádes vir a o colexio.Moitas grazas sodes xeniais.Seguro que todos os nenos e as nenas que escoiten os vosos contos serán moi felizes.Grazas por vir¡¡¡
Publicar un comentario