mércores, 23 de maio de 2012

CHEGOU PEPIÑO!!!


Hoxe, martes 22 de maio, foi o día elixido por un amigo moi especial do cole para voltar xunto a nós como cada curso, desde Portugal. É o noso Pepiño, que xa tiña morriña de estar xunto aos peques de 1º ciclo.
Pero xa sabedes que este grilo é moi xoguetón , e a súa aparición tiña que ser orixinal.
Por iso falou coa profe Ana, e díxolle que esperaba aos nenos escondido na zona traseira do cole, aproveitando a grande altura que teñen agora as plantas...

Ana comunicou a nova aos nenos,e como vedes, puxéronse a buscar a Pepiño con toda a súa maña.
Despois dunha longa e animada inspección, o esforzo tivo a súa recompensa. Apareceu Pepiño, e xa está de novo connosco, como cada primavera. Benvido, compañeiro!!!!

3 comentarios:

Antia1º dixo...

gustoume cando encontramos a
pepiño grilo y tamen cando
gritamos ¡viva Alejandra!.Bicos
Antia

Ana de 1º dixo...

Gutoume cando pepiño grilo se foi a una margarita e o encontrou Alejandra
un bico Ana.

maria 2º dixo...

pobre pepiño grilo se a escapado