luns, 28 de novembro de 2011

TRABALLANDO CON ROSALÍA...

Estou abraiado vendo con que entusiasmo están os nenos do colexio aprendendo cousas de Rosalía de Castro.

O venres 25, a rapazada de 1º ciclo deu unha clase maxistral, explicando a vida da nosa autora máis querida e recitando algunha das súas poesías.

Nesta foto podedes ver aos artistas co cartel que anunciaba a súa actuación, e o orgullosos que quedaron cos aplausos recibidos.


E tamén os de 3º ciclo , decidiron facer de poetas, e crearon entre todos unha poesía adicada a Rosalía que escribiron no seu caderniño Feminino Singular.

Aquí vola deixo para que disfrutedes dela:


A ROSALÍA DE CASTRO

Tan delicada como unha rosa,
en Santiago floreciches;
as campás choraron,
cando en Padrón morriches.
 
Anos felices,
con Murguía viviches,
e cinco fillos con risas,
encheron os teus días.
 
Galicia na túa mirada,
as xentes na túa alma,
sempre loitando
máis o corazón chorando.
 
A negra sombra que nunca se foi,
contigo estivo ata o final,
enchendo de soidades e tristura,
a túa alma inmortal.

Alumnado do 3º ciclo

7 comentarios:

Anónimo dixo...

Pero que grandes están os nenos e nenas de 1º ciclo!!!por certo, moi bonita a poesía adicada a Rosalía que fixo o 3º ciclo. Bicos para todos e todas, un especial para o rato!!!! Ledi

sofia 6 dixo...

Que bonita poesia hicimos los de 3 ciclo.

Sara buedo ( 6º ) dixo...

A que o noso poema é bonito?
Costounos moito traballo.
así que ...
Non digades mal do poema!

Kenyara dixo...

Es preciosa la poesia que icisteis para rosalia de castro :) :)

ALEX L dixo...

MICOLE ES ELMEJORDELMUNDO

sara buedo dixo...

rosalia de castro deve de estar contentisima

SARA FERNANDEZ dixo...

HOLA PROFE ANA.TE ECHAMOS MUCHO DE MENOS AUNQUE EL PROFE JORGE TAMBIEN NOS GUSTA.BESITOS Y VUELVE PRONTO