martes, 29 de marzo de 2011

Temos un Caderno para o tema.

O Rato regalounos estes cadernos, nos que imos traballar moito

A primeira dobre-páxina, para estudar a árbore: as súas partes, os tipos de follas... mesmo poderemos pegar unha folla seca e escribir todo o que saibamos sobre ela.


Sabemos que algunhas árbores varían moito coas estacións; outras non.
Tamén imos aprender o proceso do nacemento, desenvolvemento...e volta a empezar.


Un pequeno álbum de cromos: se escribimos o nome desas árbores e colocamos un debuxo das súas follas e/ou froitos, o Rato daranos cromos coas fotos das árbores para pegar cunha pestaniña en cada recadro.


E, por fin... o bosque!! sabemos que é todo un ecosistema. De seguro que, tras a visita á fraga do Eume, teremos moito con que encher esta páxina.


Unha páxina para viaxarmos por diferentes bosques do mundo e na que colocar palabras e imaxes que aprendemos nesa viaxe.


Ao final, a páxina que recolle libros dos que nace este caderno e que nos axudan a enchelo.

Ningún comentario: