xoves, 24 de febreiro de 2011

Mensaxe do amigo Mateus.



Amigos e amigas:
Vexo que estes meses ides aprender moito sobre os bosques, onde levo toda a miña vida. O Rato estívome contando o proxecto, e eu ben vexo que estades contentos, e con gañas de aprender.

Así que, que vos parece se vos propoño un xogo?

Como creo que ainda non me vistes, nen sabedes moito de min, penso que estaría ben que contasedes como credes que é vida dun trasno como eu no bosque: onde vivo, que como, en que ando enredando, que roupas levo, que árbores son as miñas preferidas ou cales son os meus amigos alí (a ver se coincide coa realidade, xa vos irei contando).

Que, apetécevos?

2 comentarios:

María Díaz dixo...

Eu creo que os trasnos como Mateus viven nunha casiña nunha arbore feita con follas e paos que atopan no chan.
Aomellor os amigos dos trasnos son os animaliños do bosque.

María Díaz y sus primos dixo...

Los trasnos son de colores vivos y pequeñitos.
Sus amigos son todos los animales del bosque.
Viven nunha casiña feita con follas e paliños que atopan debaixo das herbas.