martes, 2 de febreiro de 2010

Escribimos un conto?

O amigo Mateus déixanos esta proposta.
Queredes participar nela?
Escribide as vosas aportacións no apartado de comentarios, que se isto prospera, xa me encargarei eu de recoller a colleita final e publicala como entrada.
RATO.


Amigas e amigos:
Estou ben contento de vos ver dando voltas sobre os contos clásicos. Eu, mentres ides ao recreo e Joaquín está falando cos profes, aproveito para botarlles un ollo e unha orella e apañarlles unha boa dose de sabedoría aos libros.
Pero, ando eu maquinando, digo... matinando en que eses contos nalgún momento deberon nacer, non vos parece? Alguén debeu imaxinalos a primeira vez e darlles corpo para que outras persoas fosen dándolles forma e contido, enchéndoos da vida que ainda agora rebule polas vosas cabezas e corazóns, e que, de seguro, continuará cos vosos netos e netas...
E, digo eu, que vos parece se nós, os nenos, nenas, profes, pais e nais, trasno(s), e tamén ti, paseante distraído que dás unha volta por este blog, armamos un bon conto? Por que non podería ser algo que se siga construindo xeración tras xeración, aportando cada persoa que o vexa algo novo, un sentido máis, que é o que ven sendo un conto clásico? Poñémonos?
Se queredes, podemos comezar con:

“Era unha vez un país ben lonxe, onde vivían dúas nenas nunha casa chea de segredos…”

Quen se atreve a seguir?

10 comentarios:

Anónimo dixo...

Os segredos vivían agchados detrás de tres portas: Había unha porta grande, outra mediana e unha portiña pequena, para os segrediños.

Mateus dixo...

Moitas grazas, querido anónimo. Quen segue con este conto? Ponse interesante, verdade?

Anónimo dixo...

A porta pequena tiña a fechadura xa moi desgastada, porque segrediños hai moitos na vida.Ningunha das nenas abrirá nunca a porta grande, a dos grandes segredos.Aquel día.....

Sole (os recuerdo con mucho cariño, un beso para todos)

Anónimo dixo...

Aquel día as nenas atoparon na eira, baixo o cabazo, unha chave grande, moi grande, que semellaba corresponder coa fechadura da porta dos segredos grandes.
Correron ata a casa e subiron ao faiado, onde estaban as tres portas.
Carmiña, a maior das dúas, meteu a chave no furado e...

Mateus dixo...

"Meteu a chave no furado e..."
Quen segue?

Anónimo dixo...

o pai das nenas estaba aterrado.Tiña moitos segredos pero non sabía en quen confiar....

Anónimo dixo...

enton abriron a porta e. todo o mundo viron os segredos un era

Anónimo dixo...

Un era unha caixiña que tiña unha chave pequeniña, é entón...

Mateus dixo...

E entón comprobaron todos que as chaves, fose cal fose o seu tamaño, servían todas para abriren todas as portas: a pequena, a mediana e a grande.
Foi nese momento, despois de se ollaren as nenas, cando se percataron de que...

Mateus dixo...

... as chaves que se usan con toda a forza dos soños e a intelixencia entran en todas as portas, e nolas abren para sempre.

Moitísimas grazas a todos e todas.