Este era un gaiteiro
que iba polo monte...
ti queres que cho conte?
O venres a nosa Hora do conto convertiuse nunha oportunidade para coñecermos a Dubi, profesor na Escola municipal de música, saxofonista... e gaiteiro!!
Ramiro, o pai de Alba, é amigo de Dubi e foi quen se ocupou de traérnolo. Dubi amosounos unha gaita antiga; montou outra, peza a peza, diante de nós; tocou unha Alborada, unha Foliada e unha Muiñeira... e mesmo deunos a oportunidade de soprar a algúns.
Moitas GRAZAS, Dubi e Ramiro, por tan grato e valioso encontro.
5 comentarios:
Moitas grazas Dubi por vir ao noso cole. Eu non puiden ir porque estaba pachucha. VIVA O GAITEIRO DUBI!!!
De Alba T
Boa noite. O meu único mérito é ter a este magnífico ourive da beleza como amigo.
Parabéns, Dúbi, por seres desta maneira.
eu sinto-me agradecido a todos vós por me invitar! o Gaiteiro
I'm appreciate your writing skill.Please keep on working hard.^^
dubi grazas por deixarme tocar ha gaita gustoume moito grazas
Publicar un comentario