mércores, 9 de decembro de 2009
Outra adiviña do Mateus
Amigas e amigos:
Canto se aprende neste cole nun día! Estiven agochado vendo a todas as nais e pais que viñeron amosarvos moitas cousas do que saben, e compartín co Rato os fermosos traballos que falan dos que son diferentes nalgunhas cousas e iguais nas súas gañas de vivir, aprender e recibir afecto, como todos vós.
Para seguir coa aprendizaxe do que somos, téñovos aquí unha adiviña para ver se dades coa resposta, ¿animádesvos?:
Altos pazos,
lindas xanelas,
abren e fechan
e ninguén anda detrás.
No sur do río Miño/Minho, dise:
Altos castelos,
lindas janelas,
que abrem e fecham
sem ninguém bulir nelas.
Para darvos pistas, e bebermos, de paso, nos ríos amplos doutras linguas, aquí están outras variantes:
Dos arquitas de cristal
que abren y cierran sin rechinar.
(En castelán).
Dues capsetes de vidre
que es poden obrir i tancar
sense destapar.
(En catalán).
¿Que vos parece que pode ser?
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
19 comentarios:
Na segunda adiviña creo que a resposta son os ollos.
É certo?
Retiro a resposta anterior, a solución as dúas adiviñas creo que son os ollos.
Será esta a resposta correcta?
Amiga Cristina:
E logo por que pensas que son os ollos?
I'm appreciate your writing skill.Please keep on working hard.^^
Porque no primeiro poema di:
"Altos pazos,
lindas xanelas,
abren e fechan
e ninguén anda detrás"
E eu creo que se refire a como os ollos están arriba de todo por eso di o de altos pazos, o de lindas xanelas porque cada un ten os ollos de diferentes cores e porque abren e fechan que é o que fan os ollos sen haber ninguén detrás.
E no segundo poema porque os ollos parecen de cristal e ao abrilos e pechalos non fan ningún ruido.
Querida Cristina:
A túa perspicacia é notábel, tanto en adiviñar o contido como en interpretar as palabras. Efectivamente, trátase dos ollos.
E falando un pouco de todo, ¿non saberás ti algunha adiviña con que enredarmos neste blog?
Saúde e PARABÉNS.
Teño unha adiviña e é así:
¿Quen serei eu que encerrada
son donde quera que vou,
me encontro sempre mollada
e ao ceo pegada estou?
En castelán é así:
¿Quién seré yo que encerrada
soy donde quiera que voy,
me encuentro siempre mojada
y al cielo pegada estoy?
Espero que a adiviñedes.
Bicos
Hola Cristina yo creo que tu adivina es la lengua dime si es vale?
Yo tengo otra adivina:
¿Cual es el hilo de la vida que siempre nos acompaña?
eu creo que á resposta da adiviña de cristina é a lingua. ¿ou non?
Querido anónimo as acertado a resposta a miña adiviña, é a lingua.
Querido anónimo:
A súa adiviña é certamente fermosa. Poderia tratarse, talvez, da lingua?
Guíenos con algunha pista, de non ser así.
Mateus, case pero é o pelo.
Ola!!!
Teño outra adiviña:
Cal e o animal que ao revés e unha comida?
Querido/a anónimo/a:
A comida á que se refire, podería ser o arroz? Nese caso, o nome do animal sería o da raposa en castelán.
De non ser así, talvez unha outra pista nos podería axudar...
Por certo, deixo aquí outra pequena adiviña: ¿que animal está, cando se pon do revés, sempre onde estamos nós?
Moi ben Mateus, adivinachelo!!!
E o arroz...
Por certo son anónima, (son unha nena).
Ola!!!!
Yo soy el anónimo que os a estado proponiendo adivinas.
Querida ex-anónima Ana:
Agardo que teñas un bon nadal, desde logo telo ben merecido por tan boas adiviñas.
Por certo, ¿sabedes xa cal é o animal que propuxera?
Saúde e que Papá Noel ou o meu amigo o Apalpador sexan propicios.
Publicar un comentario