xoves, 5 de novembro de 2009

Nova adiviña do Mateus.


Amigas e amigos:
A vosa sabedoría (ainda que xa estaba ben avisado do ano pasado) segue a me sorprender. En fin, alégrome de que xunto ao coñecemento do voso corpo tamén exerzades a perspicacia e lle doedes á vosa intelixencia e imaxinación o privilexiado lugar que lle debe corresponder no voso ser (non creades que nos adultos iso ocorre habitualmente…).
Bon, a ver que tal se vos dá agora, con esta outra adiviña:
¿Sabedes o que nunca se pode tocar coa man esquerda?

14 comentarios:

Cristina 6º dixo...

A parte de arriba da man esquerda.
É esta a resposta correcta?

Mateus dixo...

Amiga Cristina: tés moita perspicacia, pero, neste caso, non é a resposta exacta (trátase doutra cousa aparte da man esquerda). Iso si: non vas desencamiñada...
A ver se a boa enchenta de castañas vos fai encontrar a solución, amigas e amigos...

Cristina 6º dixo...

Será o antebrazo entón?
Se non no se me ocorre.

Mateus dixo...

Segues sen estar lonxe da resposta, pero tampouco é esta. A ver, a ver...

Ana 5º dixo...

O brazo da man esquerda.

Creo eu.
Non??

Anónimo dixo...

O codo esquerdo

Mateus dixo...

Estades ben avezados, amigos. Por certo, querido anónimo, como te podemos chamar?

Mateus dixo...

Bon, xa que había dúas incógnitas, despexo unha: efectivamente, trátase do cóbado esquerdo.
A outra déixolla para o querido anónimo que logrou atinar coa resposta correcta...

Anónimo dixo...

Mándovos eu outra que,supoño,non v
os costará moito despexar:
UNHA SEÑORINA MOI ENSEÑORADA QUE SEMPRE VAI EN COCHE E,SEMPRE,VAI MOLLADA ¿QUÉN É?.Saudos dunha ANÓNIMA amiga

Juana dixo...

Eu vou dar unha pista!!!
Forma parte do noso corpo e está na cabeza!

Cristina 6º dixo...

É a boca?
Que me dis querida anónima, e certo ou non?

Mateus dixo...

¿Será algo moi falangueiro?

Cristina 6º dixo...

Creo que eu xa sei a resposta é...
¡a lingua!

Anónimo dixo...

¡Moi ben,amiga Cristina!.Vexo que estás moi posta nesto das adiviñas.Veremos cal nos tén preparada o noso amigo Mateus...