Amigas e amigos:
Vexo que andades investigando sobre o corpo humano, esa fascinante casa en que todos habitamos. Na vosa aventura déixovos esta adiviña, a ver se sabedes de que se trata…
Moitos irmáns,
xuntiños todos,
cando un deles come,
comen os outros.
¿Que será?
3 comentarios:
Eu creo que son os dentes.
Teño razón ou non?
Que pensades os demais, amigos e amigas?
Efectivamente, trátase dos dentes.
Por certo, ¿alguén pode explicarme cantos tedes os humanos? Os trasnos creo que temos menos porque somos vexetarianos...
Publicar un comentario