xoves, 22 de outubro de 2009
Carta do Mateus.
Amigas e amigos:
Neste inicio do Outono, o Rato e eu queremos facervos pensar e sentir un pouco, así que vos deixamos estes dous poemas curtos que chegaron á biblioteca do Bosque non hai moito, para que digades que vos parece que poden querer dicir (ainda que vos adianto que poden expresar varias cousas ao mesmo tempo). Por certo, tamén vós, profesor@s, nais e pais, e ti, que pasas agora por este blog, podedes dar o voso parecer.
O primeiro é un haiku, unha pequena e fermosa composición xaponesa, de só tres versos, cunha longa tradición nese país. Este foi escrito por Issa Kobayashi, e di (vai a versión orixinal en xaponés debaixo):
As distantes montañas
brillan nas pupilas
da libélula.
Tô-yama ga
medama ni utsuru
tombo kana.
O segundo foi publicado hai uns meses, e pertence a un libro, Metal central, dun bon amigo dos trasnos, buscador de ramas e raíces entre e para as árbores da literatura, Alfredo Ferreiro:
Os homes traballan,
traballan,
traballan e temen
que os nenos
cunha poderosa palabra
lles apunten
ao corazón.
Que vos parecen? En que vos fan pensar?
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Me han parecido moi fermosos os poemas e o que está en xaponés seguro que non o entenderiais se non fora pola traducción.
Grazas, Cristina:
A maxia das linguas consiste en que a luz que conteñen nunca é igual nunha que noutra, van variando como un arco da vella e levándonos para camiños diferentes que saen e chegan ao mesmo corazón.
Por iso vos deixo as dúas versións, para que paseedes polas palabras e permitades que vos acariñen: a maioría das cousas fermosas non se comprenden directamente, entran dentro de nós, ocupan o seu lugar e despregan o pequeno sol que conteñen.
Como os poemas... Como a vida...
Ai!, que pensativos nos deixa o Outono, verdade?
gustaronme moito os poemas,sobre todo o xaponés
Publicar un comentario