martes, 13 de outubro de 2009
Aquí está o amigo Mateus!!
Amigas e amigos:
Mateus regresou do bosque para a vosa cidade, e non deixa de pensar no maravilloso que é ver crecer –por dentro e por fóra– ás persoas que quere. Pasaste-lo ben? Agardo que si, meus pensadores rebuldeiros…
Bon, eu estiven trasneando, xa sabedes como é a nosa vida: sempre indo dun lado para o outro pensando, rindo, observando e, por suposto, compartindo horas cos amigos, tanto os que están aquí, como os que nos acompañan desde os libros, os cadros, a música ou en calquer parte do mundo.
E como primeira folla deste Setembro deixo-vos aquí unha cousa, mellor dito unha Cousa, que fala sobre quen nos pode parecer nun princípio moi diferente a nós, mais que acaba sendo, pola forza do corazón, ben semellante… A ver que vos parece (tede en conta que foi escrita por volta do 1925, hai case 85 anos, pero creo que pode ser ben actual, non?) Xa contaredes o que vos transmite (e a ti tamén, que estás a ler isto na nosa páxina…):
Esta é a versión escrita.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
2 comentarios:
A historia e preciosa encantame, a que non sabedes que a escribiu Castelao??
Bicos:
Alguén de 5º curso
(Ana Mª)
Ana, digo... Alguén de 5º curso:
Efectivamente, a historia fálanos de que todos somos diferentes e iguais ao mesmo tempo: calquera de nós é de todos os lugares, e calquera persoa que ven aquí pertence tamén a este. Está claro que o corazón é sempre máis forte que os prexuízos, non vos parece?
¿Coñecedes máis historias como estas?
Publicar un comentario