Vaia momento o do mércores!!
Xosé Ballesteros Rei, facendo honor ao seu apelido, no Trono das palabras; unha morea de nenas, nenos e mestres pasmados e felices... e un servidor, o Rato, relambéndose de satisfacción!
Abaixo deixo unhas imaxes que queren amosar o imposible: os momentos de ledicia que Xosé nos agasallou, coa súa presenza amable e a súa inmensa mestría.
Claro que, polo que este Rato viu, el tamén disfrutou cos animais imaxinados polos maiores, o coelliño branco dos nenos do primeiro ciclo e mesmo, coas sabias recomendacións dos pequechiños sobre os libros que deben manterse sempre publicados.
GRAZAS, Xosé, por facer que o último conto do curso na Biblio, fose un dos mellores do ano.
2 comentarios:
Mestre Xosé:
Desde o Bosque dos Soños enviamos-lle unha aperta cargada de luz, e un agradecimento por tantas palabras convertidas en chaves para o Reino da Liberdade.
Saúde e Leituras!!!
Prezado Mateus, prezados alumnos e alumnas, profesorado do cole... Moitas grazas, dende Kalandraka, pola vosa marabillosa acollida ao autor de "Imaxina animais", "O coelliño branco", "Tío Lobo"... Unha xornada inesquecible nunha biblioteca exemplar.
Felices vacacións e felices lecturas estivais.
KALANDRAKA
Publicar un comentario