Pepiño, o grilo, chegou de Portugal un día de primavera no curso pasado. Viaxou desde aló no coche da profe Ana e viviu unhas semanas na aula de 1º e 2º, recibindo todos os coidados dos nenos e nenas. Agasallounos a todos os que nesta escola vivimos co seu fermoso canto, improvisado a calquera hora do día...e sen ter en conta a actividade que estabamos a realizar. Non nos importaba: encantábanos escoitalo.
No mes de xuño, tras comprender que por moito agarimo e vexetal que lle deramos, a gaiola e a escola non eran lugar para el, os nenos ceibárono no campo, despedídoo co son de Ai Pepiño, adiós.
Hoxe, despois dun ano, Pepiño volveu a visitarnos. Apareceu na súa gaioliña e na mesma aula. Os pequenos recoñecérono ao momento: é Pepiño, é Pepiño!!
Prometemos coidarte, Pepiño, xa que volviches a visitarnos. Prometemos tamén, volverte a ceibar.
4 comentarios:
Que ben que Pepiño volveu!!
Cando eu estaba en segundo,estaba el na súa gaiola comendo o que lle daban.Me gustaría volver a velo.
Hola son Ana Mª de 2ºCiclo e miña irma está na clase de 1º e 2ºCurso ela di que ten un grilo que chamase Pepiño, e que moi `Chulo´.
Bicos e abrazos:
Ana Mª Alén Feito
Busco a Pepiño.
Olá, son Rui, un grilo portugués moi simpático que sabe cantar fado e facer bacallao con arroz.
Ando á procura do meu cuñado Pepiño, que me dixeron que está nun colexio na Galiza. Gostariame visitalo e, se sodes tan amables, pasar unha temporada con vós.
Contestádeme se me queredes convidar.
A gaiola xa a poño eu. Moito obrigado.
Hola somos Ana e Paloma,vas a estar ben.Ven a clase de
2ºCiclo,ofrecemosche comida,amigos e cariño.
Bicos e abrazos:
Ana Mª e Paloma.
Publicar un comentario