xoves, 7 de maio de 2009

Coa luz de catro sentidos.













Nestas semanas en que tanto levamos aprendido sobre luces, non podemos esquecer ás persoas que se ven privadas da vista e alumean a súa vida coa forza doutros sentidos.
Pensando nelas, limos estes dous fermosos libros e, na aula de 5º e 6º, estamos a traballar cun deles, que comeza así: Para Tomás, el color amarillo sabe a mostaza, pero es suave como las plumas de los pollitos.
Hoxe amosamos o que van ser algunhas páxinas de... O noso libro negro das cores
E a ti? a que che sabe a cor verde? como ule a cor azul?








5 comentarios:

Mateus dixo...

A min a cor verde sábeme a todos os soños onde aparecen as persoas e trasnos que máis queres. E a cor azul ten o olor do mar no centro dun bosque.

E a vós?

Santiago 6º dixo...

Ola, a min este traballo gustoume moito. Pero para facelo hai que facer como o escritor deste libro meterse na pel dos cegos aunque non sabemos como se senten eles. Porque eles so ven unha cor... o negro.

Paloma 4º dixo...

Gustoume moito o conto "cierra los ojos" , é moi bonito porque cada un imaxina o que pode ver.

Ana Mª 4ºCurso dixo...

Hola a todos gustóume o conto porque era de como se sentían os cegos e na miña familia meu avo ten un tío cego e se como se senten.

MARTA dixo...

A cor azul ule a mar, a vida, a soños, a nenos e nenas e a súa inocencia e ilusión polas pequenas cousas que contaxian a quen os rodea...

MARTA