Hoxe disfrutamos doutra ollada diferente á Torre de Hércules: a de Ana.
Ana é orfebre, pero ademais de xoias, fai esculturas con metais. Unha das súas obras é esta Torre, que hoxe nos amosou. Tamén trouxo ao colexio algunhas das ferramentas que utiliza e os bocetos da escultura.
Gustounos moito ver e escoitar o que nos explicou. Grazas, Ana, por compartir con nós a túa ollada particular á nosa Torre.
7 comentarios:
Se educades o gusto artístico xa desdes cativos que faremos na secundaria?
Parabéns pola experiencia.
Encantounos a escultura de Ana nos informou de que tardou 3 meses en facer os debuxos e 1 mes e medio a escultura
Encantounos a escultura que fixo Ana. E nos ensinounos moitas cousas da torre.
Ecantounos a escultura,aprendimos moitas cousas sobre as esculturas.Gustounos o soplete cando saía o lume unha chama azul .
Paloma e Carlota.
Monsieur Antonio:
Respostando á sua interesante cuestión, diria-lle que na secundária se poderia, por exemplo, desenvolver o infinito que os nenos (pre)senten naturalmente. Nada máis e nada menos.
Por certo, como está a fraga de Cecebre, onde teño vários colegas facendo das suas?
Saúdos trasneiros.
Benquerido Mateus:
A fraga, coma sempre, mesta, fermosa e misteriosa. Do outro, de cando os nenos e as nenas medran, na secundaria tentamos no estropealos moito tras a boa formación que reciben en coles coma o voso.
Ola!
gustoume moito...
o que mais gustoume foi cando nos ensinou o soplete
a escultura tamen gustoume
estou intentando facer unha en casa con plastilina pero non dou
e logo o intentarei con carton oucartulinas...
bicos
yoel
2 ciclo
Publicar un comentario