luns, 23 de marzo de 2009

Esa torre que nos alumea.

Neste proxecto de Aluméame, todas e todos recibimos do Rato un caderniño que leva por título Aluméanos e que andamos a encher con todo canto aprendemos sobre ese noso faro milenario. Por iso, ademais de ler e escoitar a historia e lendas da Torre, o mércores pasado estivemos nela.
Vimos moitas cousas, escoitamos as explicacións das guías e aportamos as nosas (que quen máis e quen menos, iamos moi sabidiños no tema) e mentres os pequechos sinalaban mundos desde a rosa dos ventos, os de primaria subimos ao máis alto. Alí arriba, coa axuda das ganas e da néboa que todo o pode, conseguimos ver Irlanda, como un día fixera Ith.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Pasamolo moi ben. Habia pedras negras que puxo Gianini. As vistas eran xeniais e fomos ver a rosa dos ventos.

yoel 3 curso dixo...

paseino moi ben.Descubrin cosas novas que antes non sabia.Gustariame facer mas excursions porque e unha forma divertida de aprender.
Bicos