
Amigas e amigos:
Como sabedes, os trasnos sómosvos un pouco argalleiros, e sempre se nos dá por andar en compaña dos
esquíos e as
curuxas, mestres en buscar sempre cousas novas onde parece que non as hai e en deixar un pouso de sabedoría en cada palabra, ou máis ben ouleo, nomeadamente ás noites. Características estas que tamén se poden aplicar ás artes, como ben sabía o admirado
Luís Seoane, home a quen a luz que viña da Torre de Hércules lle viña contar segredos e descubrir maravillas mesmo en América, onde, contra a súa vontade, tivo que pasar ben anos.
Pois ben, unha das grandes paixóns da súa vida, como xa vos terán contado, era a poesía.
E, digo eu: que vos parece se facemos un poema cada semana entre todos? Eu son dos que pensa que cada quen ten algo ben grande e fermoso que dicir, colaborando nunha creación colectiva: cada un vai facendo un verso, poñémolo aquí, na nosa biblio, e logo segue outro ou outra continuándoo co que mellor lle pareza. Así, aos poucos, faremos algo que pertencerá a todo o mundo.
Isto facémolo moito nos bosques, e non deixamos de seguir aprendendo con cada verso, porque a realidade é tan grande e fermosa como nós queiramos...
Que vos parece se o primeiro poema llo dedicamos a unha Torre?
Aquí vai un primeiro verso:
“HAI UNHA TORRE OCULTA ENTRE AS MANS”
Quen queira seguir pode poñer o segundo verso, e seguirmos asi até que sintamos que rematou (este poema, claro, despois virán os que nos apetecer). Propoño que participen nenos, profesores, pais e nais, e, como non, o meu grande amigo Joaquín. E tamén ti, que estás a ver isto ao pasares polo blog...
(P. D.: se queredes non ten por que levar rima. A única regra é a Liberdade e seguir a vosa sábia intuición).