Que fermosos temas ides tratar estes meses! Ainda onte me contaron algo que se leva transmitindo desde hai moitísimos séculos sobre o inmenso mistério que é a vida. Aqui cho deixo para que sigamos maravillando-nos de todo o que se oculta no que nos rodea:
Vin un neno que levaba unha luz.
Preguntei-lle de onde a trouxera.
El apagou-na e dixo-me:
“Agora di-me ti para onde foi…” Está ben claro que os maiores temos que aprender a ver as cousas con máis humildade, non é?
Ningún comentario:
Publicar un comentario