martes, 2 de decembro de 2008

Con ollos de Frida

No noso proxecto actual Enrugas e Prata, como nos anteriores, tentamos achegarnos á figura dun artista e á súa obra. Desta vez, a elexida foi Frida Kahlo.
Primeiro soubemos dela, da súa dor e enfermidade, dos seus inicios na pintura. Axudounos a coñecela un fermoso álbum ilustrado.
Despois coñecimos cinco dos seus cadros: tres autorretratos, Mis abuelos, mis padres y yo (que nos inspira para facermos nunha páxina do caderniño a nosa árbore xenealóxica) e Doña Rosita Morillo, escollido como homenaxe ás avoas.
Con este último traballamos hoxe, facendo os primeiros trazos. Agora queda seguir con el ata rematalo.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Ola, somos Tamara e Sofía. Estamos en clase de informatica e xa nos vamos vos visitaremos.
quen nos dera volver

kenyara dixo...

hola a todos me gusto mucho este dia y sobre todo hacer el dibujo.

hoy no fuy al cole por que estoy malita, pero el martes seguro que puedo ir

muchos besos a todos y muchoa muchos a mis compañeros de clase

Anónimo dixo...

Gustoume moito a idea de facer o debuxo.Paseino moi ben foi moi divertido.Espero que volvamos a facer algo parecido outra vez.